Ola amigos galegos (ou non)!!!!!!!
Espero que teñades un día fermoso!

Hoxe queremos falar de palabras fermosas en galego que se estamos perdendo e temos que utilizalas mais de seguido.

LUSCOFUSCO:Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras.

SAPOCANCHO:(Palabra moi famosa despois de Operación Triunfo grazas a Roi)Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos.

BÁGOA:Gota do líquido transparente que segregan as glándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritación ou dunha emoción.

ARCO DA ABELLA:Sinónimo de arcoiris.

LAREIRA:Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota.

MORRIÑA:Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra.

E estas só son algunhas da gran cantidade que temos!Pero tranquilos ímos publicar algunhas mais un pouco mais adiante.

AS DEFINICIÓNS SACAMOLAS DA RAG.

Comentarios

Publicacións populares deste blog