Ola...
Hoxe queremos recomendarche algúns libros en galego:
Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo.
Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é un campión e un pirata. Con el xoga a morrer, que é moi doado. Un só ten que botarse na cama, pechar os ollos e poñer unha man enriba da outra.
A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.
Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.
O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa. García Teijeiro establece un diálogo creativo cos poetas da nosa tradición (Martín Códax, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín, Lorenzo Varela, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza...), do que nace unha voz propia, distinta. Estes poemas son pequenas xoias literarias, onde se imbrican a espontaneidade e a reflexión, a cultura e a sensibilidade.
En galego, por que non? é un libro escrito desde a lóxica máis esmagante, desde o sentido común máis evidente. É un libro para pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte da lingua. A través de exemplos moi concretos e doados de entender, asistiremos a un exercicio de derruba dos prexuízos e as simplificacións que seguen tendo, arredor da lingua, un eco notable na opinión pública. Un libro para entendermos que optar polo galego non é algo antigo, nin errado, nin minoritario, nin rural, nin, desde logo, algo propio de radicais ou de intelectuais desconectados da realidade social.
Hoxe queremos recomendarche algúns libros en galego:
O misterio do Faro Vello de Fina Casalderrey.
O estanque dos parrulos pobres de Fina Casalderrey.
Volverás, golfiño de Andrea Maceiras.
A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa.
Na fogueira dos versos de Antonio García.
En galego, por que non? de Manuel Nuñez Singala.
A INFORMACIÓN FOI RECOLLIDA NAS PÁXINAS DAS EDITORALES DE CADA LIBRO.
Comentarios
Publicar un comentario