Ola amigos galegos (ou non)!!!!!!! Espero que teñades un día fermoso! Hoxe queremos falar de palabras fermosas en galego que se estamos perdendo e temos que utilizalas mais de seguido. LUSCOFUSCO:Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras. SAPOCANCHO:(Palabra moi famosa despois de Operación Triunfo grazas a Roi)Réptil da familia dos emídidos, do que existen varias especies, que en Galicia hiberna enterrado na lama do fondo das pozas onde vive, e se alimenta de insectos, vermes e moluscos. BÁGOA:Gota do líquido transparente que segregan as glándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritación ou dunha emoción. ARCO DA ABELLA:Sinónimo de arcoiris. LAREIRA:Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota. MORRIÑA:Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particu...
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: marzo, 2018
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ola... Hoxe queremos recomendarche algúns libros en galego: O misterio do Faro Vello de Fina Casalderrey. Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo. O estanque dos parrulos pobres de Fina Casalderrey. Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é un campión e un pirata. Con el xoga a morrer, que é moi doado. Un só ten que botarse na cama, pechar os ollos e poñer unha man enriba da outra. Volverás, golfiño de Andrea Maceiras. A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán...