Festival de baile galego da Asociación Cultural Penaguda de Dena.
Este domingo 18, na alameda dos colexios (Coirón) terá lugar un encontro folclórico no que asistirán sobresaíndo como convidados Os Gatiños de Portonovo. Tamén asistirán As cantareiras de Campolameiro e outro grupo máis.
Ola... Hoxe queremos recomendarche algúns libros en galego: O misterio do Faro Vello de Fina Casalderrey. Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo. O estanque dos parrulos pobres de Fina Casalderrey. Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é un campión e un pirata. Con el xoga a morrer, que é moi doado. Un só ten que botarse na cama, pechar os ollos e poñer unha man enriba da outra. Volverás, golfiño de Andrea Maceiras. A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán...
Comentarios
Publicar un comentario