Ola... Hoxe queremos recomendarche algúns libros en galego: O misterio do Faro Vello de Fina Casalderrey. Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo. O estanque dos parrulos pobres de Fina Casalderrey. Co seu avó, Noema aprendeu moitas cousas, xa que o avó é sabio. E tamén é un campión e un pirata. Con el xoga a morrer, que é moi doado. Un só ten que botarse na cama, pechar os ollos e poñer unha man enriba da outra. Volverás, golfiño de Andrea Maceiras. A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán...
Publicacións populares deste blog
ANEGDOTIÑA
En Ons... Se algún día ides a Ons e facedes a ruta do faro ides atopar o que sae na foto. Non estamos seguros de para que son... Pero supoñemos que son para os morcegos. Ainda que temos outra anegdota... É A CASA DE BATMAN!! Atopadeslle o parecido?? Cremo que Batman estaba corto de presuposto e tivo que mercar esta casiña. Esa é a nosa anégdota de que son estas casiñas. Se queredes podedes subir nos comentarios as vosas opinións☺
Ola! Hoxe imos recomendarvos algún libro (recomendados para mozos de entre 10 e 14 anos) en galego.Estes libros lémolos grazas á nosa profesora de galego e seguramente vos gusten: Volverás golfiño de Andrea Maceiras,que trata dunha rapaza que se muda e atopa unha pantasma que quere encontrar ao seu irmán. Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro é un libro moi divertido no que Tonecho que é un rapaz moi espelido vive cos seus avós nunha aldea case deshabitada. Ben,grazas por lernos e esperamos que leades algún. Anasstasia .
Comentarios
Publicar un comentario