Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2017
Ola! Hoxe imos falarvos  dunhas anécdotas: Non sei se alguén foi ao campamento da Lanzada. O ano no que eu fun todos falaban en castelán, e eu en galego. Na semana que estiven eu acabei facendo que todos falasen galego. O día no que os pais nos viñan a buscar, a miña amiga Blanca foi a xunto a miña avoa e díxolle: "Tes que estar orgullosa da túa neta, xa que falando galego fixo que acabaramos todos falando o idioma de Galicia".  Anastassia  Cando meu irmán era pequeno houbo unha época (pode que todos e todas a tivésemos) na que só falaba castelá. E nós para que cambiase e falase galego diciámoslle: "ou falas galego ou non te entendemos". Acabouno corrixindo e agora toda a familia fala galego. Todo foi culpa da educación infantil que só lles ensinaban (e seguen ensinando) en castelán.  Nesa.   Cando era pequena, eu sempre falaba castelán, e como meus pais falaban galego, un día dixéronme: " filla, ¿Por que non falas galego como nós que che entendemos mell...
Ola feliz venres, xa chega a findesemá.E non sabemos se imos poder publicar estos días. Hai demasiados exámes finais, pero hoxe imos definirvos as praias galegas en 5 partes: Grandes. Bonitas De interese turístico Con moita flora Con moita fauna Imosvos por un exemplo das praias máis bonitas de Galicias (opinión persoal), a praia da Lanzada, nas Rías Baixas. É unha das praias con máis interese turístico da Comarca do Salnés.  A auga normalmente está moi libre de algas, e a auga é cristalina. Hai días nos que fan olas pero non sempre. Ata aquí conto, e seguiremos contándovos. Que pasedes unha boa findesemá! Nesa, Anastassia, Vicky.
Ola! Hoxe imos recomendarvos algún libro (recomendados para mozos de entre 10 e 14 anos) en galego.Estes libros lémolos grazas á nosa profesora de galego e seguramente vos gusten: Volverás golfiño de Andrea Maceiras,que trata dunha rapaza que se muda e atopa unha pantasma que quere encontrar ao seu irmán. Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro é un libro moi divertido no que Tonecho que é un rapaz moi espelido vive cos seus avós nunha aldea case deshabitada. Ben,grazas por lernos e esperamos que leades algún. Anasstasia .
Ola! Ímosvos falar da música galega.  A xente cre que os galegos non temos talento, é certo que non todos os galegos cantan ben pero si que temos algo relacionado (moi relacionado) co mundo da música, e ademais é moi noso. A música tradicional galega: Tanto pandeireta, como tamboril, bombo, gaita galega, o pandeiro, pandeiro cadrado etc. son instrumentos moi nosos, que non só se tocan aquí en Galicia. Tócanse en todo o mundo! Eu Nesa por exemplo toco a gaita, tamboril, bombo e pandeireta, as miñas compañeiras Anastassia e Vicky  tocan a pandeireta tamén. Ademais con esta música fanse bailes moi tradicionais. O baile rexional galego. É moi típico en Galicia, e que non so se baila en Galicia; ademais chámannos doutros lugares para ir tocar e a bailar. Moi típico tamén son os seráns, que son como festas (maioritariamente pola noite) nas que se vai bailar, tocar e sobre todo pasalo ben! Espero que vos gustase esta nova e pequena publicación. Graciñas! Proximamente máis! ...
Ola boas, desexamos que vos guste o noso novo blog. Somos novas nisto así que, esperamos que vos dea igual se temos faltas de ortografía. Non estará permitido aquí nin insultos nin palabras ofensivas. Creamos este blog para acabar de convencer a xente de que fale  galego se está en Galicia, pois vos axudará. Sigo dicindo que cada un é libre de falar o que queira pero o galego está decaendo cada vez máis, e necesita da vosa axuda. Xa que é a lingua dos nosos antepasados, da nosa terra, A NOSA LINGUA, como di o anuncio do Gadis... VIVAMOS COMO GALEGOS! PD: non imos poñer nomes, imos poñer inventados non son os nosos nomes reais. Nesa, Anastassia, Vicky.